Antonio Pérez Insua
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1950 (73 anos) Noia, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de xaneiro de 2012 – 27 de outubro de 2015 ← Arsenio Fernández de Mesa Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Alcalde de Noia | |
2003 – 2007 ← Rafael García Guerrero – Rafael García Guerrero → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Antonio "Tono" Pérez Insua, nado en Noia o 4 de novembro de 1950, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Noia entre 2003 e 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Maxisterio, traballou como empregado de banca en Noia. En 2003 resultou elixido alcalde da vila noiesa á fronte da candidatura do Partido Popular, ao obter a maioría absoluta nas municipais daquel ano. Perdeu porén a alcaldía nos comicios de 2007 e non foi capaz de recuperala tampouco nos de 2011, co que durante eses anos figurou como cabeza da oposición.
Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados nas eleccións Xerais que supuxeron a vitoria de Mariano Rajoy, aínda que non foi elixido deputado directamente. Porén, uns días despois Arsenio Fernández de Mesa renunciou ao seu posto na Cámara baixa para dirixir a Garda Civil e Pérez Ínsua pasou a ocupar o seu escano en xaneiro de 2012.
En marzo de 2013 foi acusado de vender participacións preferentes e débeda subordinada de Caixanova.[1]
Predecesor: Rafael García Guerrero |
Alcalde de Noia 2003 - 2007 |
Sucesor: Rafael García Guerrero |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cortizo, Gonzalo (25/3/2013) "El diputado que vendía preferentes" El Diario (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Conta persoal en Twitter
- O deputado que vendía preferentes en praza pública
- El diputado que vendía preferentes en El Diario